lunes, 2 de noviembre de 2009

A MIÑA CASIÑA PORTUGUESA!!











Bueno.. xa sei, xa sei.. sen tempo non foi.. pero esta actualización requería o seu tempo.
Como contaba fai uns días.......... o día 6 chegou a ic! a Viseu, e a sorte fixo que acabara por vivir na rúa Gonçalinho (sisisi... a sorte... non escollín, nin escolleron... simplemente sucedeu.)
A rúa Gonçalinho é unha zona do centro da cidade. Queda preto de calquer lugar e é altamente pintoresca e divertida... pero eso tratareino noutra merecida actualización.
Nada máis chegar ó que sería o meu "novo lar" brinquei ó enterarme que non seriamos 6, senón 5 os integrantes do piso paraíso. Por que? Pois porque compartimos piso co "macho-alfa" da manada, o cal implica que teña que dormitar soíño nos seus aposentos e que teñamos dous baños (o que agradezo moitiiiisimo). Así pois, somos cinco os integrantes deste piso, os 5 coragiosos, os 5 malucos, 5 persoas que chegaron solitarias e que teñen moito q aportar...
A sorte tamén fixo que ic! compartese habitáculo de durmir cunha loira e divertidísima rapariga chamada DIANA...canto está a aprende-la ic! con Dianiña!!!.... Que vos vou contar... é imposible describila con palabras, así que só podo transmitirvos esto:
" 00:50 horas da PRIMEIRA noite que dormían xuntas" :
Diana: Icía!
Ic! : Que!
Diana: Duermes?
Ic!: !!!!... pos no...
Diana: quieres que te cuente un chiste?
Ic!: Dale...
Diana: Se abre el telón y se ve a un brik de vino Don Simón. Se cierra el telón. Cómo se
llama la pelii??
Ic!: pos no se.. la verdad..
Diana: Es-tinto-básico!!!!!!
Está moi, moi, moi toliña (pero eso é mal de moitos)... e os que xa coñecedes á ic! sabedes de que pé coxea.... é total, en serio...
A sorte falloume cando me din conta de que a rúa Gonçaliño quedaba cerca de todas partes menos da nosa academia de portugués... durante 15 días pasámonos 20 minutiños de nada camiñando entre as 8,30 e as 9 da mañá para chegar e aprender cores, números, días da semana, meses... en fin, aínda bo é que a nocturnidade e a T.V aporta algo máis ó noso coñecemento do idioma portugés... Pois nestes viaxiños de nada a raíña e marcadora do paso a seguir era Emma, outra das integrantes do piso... mi madriña querida... como se pode camiñar tan axiña!!??? xuro que teño saído da casa 10 minutos antes que ela e aínda así pillábame!!!!! Ademáis disto, un momento que recordo foi ese mediodía no que as dúas decidimos guisar, ca diferencia de que para min era o primeiro guiso da miña vida (para ela non, gracias...).. un mediodía no que, de cando en vez, chibábame como continuar a receta... jijiji de novo a sorte aparece...O brigada Emmaaa!! A miña compañeira de tardes de internete no Viriato... ;)
E a sorte desaparece... pero tamén reaparece cando menos a esperas!! terceiro integrante.. O Víctor!! un Ourensán.. así que por definición trátase dun festeiro insaciable, jiji ... e a sorte regresa con botelliñas de licor café ourensán colgadas do brazo jojojo... Pois si, señores... o noso macho-alfa (denominado así pola menda con tooodo o cariño, aínda que sei que non lle presta demasiado) o home da casa. Este raparigo fala máis ca ic! (incrible) pero o que máis me gusta son as súas caras cando non pode dar crédito a que a menda sempre chegue antes que el ó baño... jiji..da igual a hora á que se levante... sempre está a mesma persoa dentro.. juasjuas.. meu pobre... confeso q son moitos anos de dura loita co meu irmán... ;) gracias por ter tanta paciencia en cuestións bañísticas ruliñoooo!! ;)
E por último, e non por eso menos importante... a señorita Andrea!! "Andreia... mányale el frango.." jojojo... no podía pasar sin ponerlo... sintoo rula... Adrea é unha destas persoas as cales, desde o meu punto de vista, é imposible enfadarse con elas, ademáis de ser a persoa que mellor "honguea" despois dunha "destroyer-night" (despois de min, claro está.. jiji) Encántame escoitar a súas zapatillas pola casa, e xogar a adiviñar hacia onde camiña (esto no o sabe ela...) e sobre todo encántame ver como se desespera falando polo "sky"!! jojojo é total...
E estes somos, bueno.. son eles e mais a menda, claro!.. pero da ic! non hai moito que dicir... ;)
Non hai ningún tipo de queixa. Son 5 seres totalmente diferentes, pero que parecen encaixar coma pezas dun mesmo puzzle.
É certo... a sorte vén e vai... pero odía 6, odía que a ic! chegou a Viseu... sen ningún tipo de dúbida.. a sorte estaba da nosa parte!!
bicos+apertas pa todos!!!